Publicado por Samieira Dixital | 1 comentarios

O novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) debatirase hoxe no pleno


A corporación municipal reúnese este martes en pleno para debater, entre outros asuntos, o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Segundo publicaba o pasado venres 26 de abril o xornal "Diario de Pontevedra", o edil de Urbanismo, Xulio Barreiro, dará a coñecer cal é o estado do documento que marcará o futuro desenvolvemento do municipio nesta sesión plenaria que se celebrará ás 19.30 horas. 

O debate sobre o ordenamento territorial municipal dase nun momento no que as posturas entre o goberno e a oposición son cada vez máis distantes, chegando mesmo a intercambiarse acusacións de "ocultismo", por parte da oposición, e "rapazada", por parte do goberno. 

As tensións dos últimos días agreáronse aínda máis despois de que a oposición presentase dúas preguntas no Parlamento de Galicia coas que se pide información á Xunta sobre o estado de tramitación do PXOM: "Ten constancia a Xunta do estado de tramitación administrativa no que se atopa a redacción do novo PXOM de Poio?", é a primeira; e "que documentación consta na dependencia administrativa da Xunta referente á elaboración da novo PXOM?", a segunda. 

O goberno municipal anunciou hoxe que a elaboración do PXOM contará cunha comisión na que se debaterán ou incorporarán ideas da oposición ou outros colectivos.

Máis Información: FARO DE VIGO, 30-04-2012: "Sobral anuncia unha comisión para incluír propostas ó PXOM".
FARO DE VIGO, 27-04-2013: "O PP leva até o Parlamento a súa crítica de ´ocultismo´ no PXOM".
DIARIO DE PONTEVEDRA, 27-04-2013: "O PP acode ao Parlamento para coñecer as últimas novidades sobre o PXOM".
FARO DE VIGO, 14-04-2013: "O PP de Poio mantén as súas acusacións pola tramitación do PXOM".
FARO DE VIGO, 12-04-2013: "Sobral nega ´ocultismo´ no PXOM e prevé aprobalo este ano".
FARO DE VIGO, 11-04-2013: "O PP recrimina que ´só tres persoas´ están ao tanto de toda a tramitación do futuro PXOM".

1 comentarios:

Anónimo dixo...

Este PXOM ten que aclarar o futuro da depuradora.