Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Vitoria e ascenso na clasificación do Samieira CF Veteranos


O Samieira CF Veteranos conseguiu unha nova gran vitoria este sábado ante os locais do Bueu Deportivo. O equipo chegou entonado anímicamente ao encontro e vaia se foron contundentes!. O conxunto de Samieira aproveitou á perfección os erros locais e puxo moi complicadas as cousas aos de Bueu levándose o triunfo á casa.


O equipo de Samieira continúa coa súa racha ascendente na clasificación. Nas últimas xornadas non encaixou nin un tanto, e remonta con seguridade na táboa. A catro xornadas para finalizar a liga, é de supoñer que o cadro afrontará o tramo do peche da tempada coa moral ben alta.


O Samieira comezou a darlle a volta á situación de estancamento que parecía protagonizar tras a vitoria ante o Sacedo (3-0) na xornada número 29. Despois deste encontro, acadou unha grandísima vitoria ante o Bora Comesano (1-5). Logo dun leve revés co Cafetería Vilariño, que loita pola permanecia, e empates co Meaño, líder do grupo, e o Montajes Iglesias, a intensa remontada na clasificación é máis que salientable.  

O equipo sitúase no posto 10 da clasificación, un cota máis próxima ao nivel deste conxunto que lembra os comezos da liga. Os resultados son froito, sen lugar a dúbidas, do gran traballo, esforzo e a grande deportividade e compañeirismo que caracteriza ao equipo de Samieira.


XORNADA nº 35

Sábado 04 de maio de 2013. Río de Bois, Samieira.
Samieira CF Veteranos - Combarro CF Veteranos

0 comentarios: