Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

A obra "Casting Tour" de Pinga Teatro, nova representación na Casa do Pobo


Este venres 26 ás 21.00 horas na Casa do Pobo, en Río de Bois, nova cita co teatro. A obra titúlase "Casting Tour" e é unha das máis recentes montaxes da compañía viguesa Pinga Teatro.

Con grandes doses de humor, a acción teatral xira arredor dunha audición ou casting ficticio para unha telenovela de 400 capítulos falada en galego, catalán, euskera e inglés e con subtítulos en castelán.

A actividade será gratuíta para os socios/as da SCD Samieira e custará un euro para os aboados/as da ACD Armadiña e da SCD Raxó. Os non socios/as poderán acceder por dous euros. 


María Carrera e Miquel Condal (en primeiro plano, de dereita a esquerda) son os protagonistas da obra

0 comentarios: