Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Cursos Intensivos de Equitación e I Xogos Ecuestres na Escola "O Marruxal"


Saír a dar un paseo a cabalo é un dos mellores plans de lecer deste verán. A Escola de Equitación "O Marruxal" de Samieira oferta cursos intensivos de equitación para todas as idades e niveis nos meses de xullo e agosto.

Cursos Intensivos de Equitación | Verán 2013




A escola oferta para este verán cursos intensivos de mañá de luns a venres, cos seguintes contidos e prezos:

Contidos:
  1. Nas clases de equitación daranse fundamentos teóricos e prácticos adaptados ao nivel de cada usuario dende o que se está iniciando até o que busca o perfeccionamento das súas técnicas de equitación.

  2. Ademáis, mostrarase aos alumnos e alumnas de forma lúdica e didáctica dende as tarefas de mantemento dunha finca de cabalos, incluíndo o mantemento dos equinos, dende o cepillado, duchado, dar corda, até o propio ferraxe.
Prezos:
  1. 1 semana: 50€
  2. 1 quincena: 75€
  3. 1 mes: 125€
  4. 1 día: 20€

As instalacións da finca "O Marruxal" están nun marco incomparable, en Samieira, coa Ría de Pontevedra aos seus pés, un pequeno recuncho onde gozar da equitación, a natureza e o cabalo.

Aprende os segredos da equitación nesta contorna incomparable!. Reserva a túa praza antes do 25 de xuño.




I Xogos Ecuestres na Escola de Equitación "O Marruxal"




Ademáis, para o mes de xuño, a escola está a preparar os I XOGOS ECUESTRES "O MARRUXAL", unha proba de manexabilidade e habilidade de Nivel I e II.

Características da proba:
  1. Estará composta por 5 dificultades distribuídas segundo o nivel.
  2. Cronometrarase o percorrido, os erros serán penalizados con 5 segundos.
  3. A data de celebración será escollida por todas as persoas inscritas. A proposta é o domingo 23 de xuño.

Inscrición e información: marruxal@escueladeequitacion.com ou 986 741 514 | 619 050 333.



Máis Información:
ESCOLA DE EQUITACIÓN "O MARRUXAL"
Dirección: Cmño/. Pumar Nº 24, 36992 Samieira, Poio
Tfnos. Contacto: 986 741 514 | 619 050 333
Correo electrónico: marruxal@escueladeequitacion.com
Web: http://www.escueladeequitacion.com
Facebook: Escola de Equitación "O Marruxal"

0 comentarios: