Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Flora de Samieira: Os Conchelos

Os Conchelos (Umbilicus rupestris) tamén chamados “Coucelos” ou "Embigo de Venus”, encóntrase, con frecuencia, en troncos de árbores ou en fendas húmidas de superficies rochosas (en paredes de casas, tellados, muros á beira dos camiños…) onde haxa sombra. É utilizada en medicina homeopática, na composición de xaropes domésticos para doenzas pectorais ou con fins diuréticos. 

A planta, o zume, ou a auga dela destilada, aplicada exteriormente, en baños ou como unguento, cura e calma toda serie de inflamacións externas (por exemplo, as hemorroides). 

Aplicando a folla sobre a pel despois de remover a cutícula inferior da planta, calma dores en feridas recentes, estanca o sangue e axuda a cicatrizalas rapidamente. Do mesmo xeito, axuda na cura de grans, carafunchos ou úlceras.

O zume, mesturado con aceite, empregábase contra a dor das queimaduras.


0 comentarios: