Publicado por Samieira Dixital | 1 comentarios

Denuncian o mal estado da fonte da praia do Covelo


Veciños/as e usuarios/as da praia do Covelo (Samieira) denuncian o MAL ESTADO da fonte do lugar. A estrutura atópase totalmente corroída como resultado da oxidación, un descoido moi perigoso, especialmente para os nenos e nenas que a empregan decotío.

As fotografías evidencian a necesidade inmediata dunha actuación de substitución de todo o elemento, non só do grifo. Tanto o óxido como a sucidade implican o risco de contraer unha infección ou o tétano no caso de que alguén se corte cos saíntes oxidados.

Dende aquí solicitamos que se retire esta estrutura deteriorada, e que se garanta un maior control e vixilancia no futuro.

1 comentarios:

Sil dixo...

Esta queixa foi xa indicada ós responsables do manteniendo municipal e indicaron que procederían a dar solución á maior brevedade posible.
Un saúdo.