Publicado por Samieira Dixital |

Sí, desta vez vai... Comeza a reforma da ponte do Covelo



Agora sí. Portos de Galicia, a través da empresa Covsa, iniciou hoxe as obras de reforma da deteriorada ponte do Covelo, en Samieira. Os traballos dan resposta á lamentable situación da infraestrutura, que ten máis de 60 anos e escasas actuacións de acondicionamento.

Para veciños/as e ocasionais o seu aspecto exterior, nun dos principais reclamos turísticos da parroquia, reproducía unha imaxe penosa e perigosa. Por unha banda, na parte superior, unha gran fenda, parcheada en varias ocasións, cruzaba o pavimento de lado a lado. Por outra, na parte inferior, múltiples evidencias da corrosión eran facilmente apreciables a simple vista.

A situación preocupaba e indignaba a partes iguais. Polo lugar transitan todo tipo de vehículos, incluidos os municipais de recollida do lixo, e irremediablemente os dos veciños/as que teñen a ponte como única opción para acceder as súas vivendas.

As obras iniciadas hoxe, despois dunha considerable demora, aumentarán a seguridade para acceder ao peirao, tanto para peóns coma para tráfico rodado. A previsión é que duren aproximadamente dous meses e que o deseño final manteña os soportes centrais da estrutura.


Denuncias polo mal estado

A necesaria reforma da ponte do Covelo encheu reunións, prensa e até minutos de televisión. As cámaras da Televisión de Galicia recolleron en 2013 as denuncias dos veciños/as e viandantes da zona polo estado lamentable da infraestrutura.

http://www.crtvg.es/informativos/queixas-polo-mal-estado-dunha-ponte-en-covelo-no-concello-de-poio-688680
Veciños/as e viandantes denuncian o mal estado da ponte na Televisión de Galicia

A obra, que está sendo sufragada co orzamento destinado aos proxectos de reforma das zonas portuarias de Covelo e Raxó, é unha actuación prioritaria para a veciñanza.

Quedan, porén, por concretar que partes do proxecto orixinario de remodelación da zona do Covelo se realizarán finalmente. O plan inicial, cuxa data de remate era antes do verán de 2013, abordaba unha actuación integral na que ademais da necesidade de ampliar a ponte, se contemplaban accións como a mellora dos servizos, o pavimentado da calzada que bordea a costa ou a instalación de colectores subterráneos. Tamén a controvertida idea, ao máis puro estilo romano-ourensán, das pozas de auga doce na desembocadura fluvial, zona sensible catalogada como ben de interese municipal.

Inicio dos traballos de reforma 01.02.2016 | Samieira Dixital



Máis información:
LA VOZ DE GALICIA, 28.01.2016: "Portos anuncia que a reforma da ponte do Covelo arrinca o 1 de febreiro".
FARO DE VIGO, 28.01.2016: "As obras da ponte do Covelo comezarán este luns tralas intervencións de Fenosa".
DIARIO DE PONTEVEDRA, 28.01.2016: "A mellora da ponte do Covelo comezará a vindeira semana".
PONTEVEDRA VIVA, 27.01.2016: "Portos comprométese a comezar a vindeira semana as obras de construción da ponte do Covelo".
FARO DE VIGO, 27.01.2016: "A comisión dos portos de Raxó e Covelo reúnese hoxe cos técnicos de Portos".
PONTEVEDRA VIVA, 26.01.2016: "Esíxenlle a Portos de Galicia que complete os proxectos de mellora das zonas portuarias de Raxó e Covelo".
FARO DE VIGO, 26.01.2016: "Sobral solicita unha entrevista co presidente de Portos de Galicia para abordar as obras en Samieira e Raxó".
LA VOZ DE GALICIA, 22.01.2016: "Portos asegura que as obras da ponte do Covelo están pendentes só duns trámites de Fenosa".
LA VOZ DE GALICIA, 21.01.2016: "Sobral busca unha fronte veciñal común ante a inacción de Portos en Covelo".
PONTEVEDRA VIVA, 20.01.2016: "Poio esixirá a Portos a inmediata remodelación da ponte de Covelo".
DIARIO DE PONTEVEDRA, 04.07.2015: "A mellora da ponte de Covelo entra en fase de contratación".
DIARIO DE PONTEVEDRA, 12.05.2015: "Portos busca fórmulas para reactivar a mellora do acceso ao peirao do Covelo".
DIARIO DE PONTEVEDRA, 30.04.2015: "O Concello teme que a ponte do Covelo non estea lista antes do verán".
FARO DE VIGO, 20.03.2015: "Portos anuncia a licitación da ponte nova en Covelo".
FARO DE VIGO, 24.10.2013: "O investimento, nin o 3 por cento do prometido".
FARO DE VIGO, 24.10.2013: "A mellora da ponte ou pozas de auga doce, entre os plans para mellorar o litoral de Covelo".
LA VOZ DE GALICIA, 24.10.2013: "Alertan que a ponte de Covelo supón «un perigo potencial para os transeúntes»".
DIARIO DE PONTEVEDRA, 24.10.2013: "Poio solicitará que se mellore a seguridade viaria no peirao de Covelo".
FARO DE VIGO, 24.10.2013: "Covelo mostra a súa preferencia polo arranxo da ponte para a segunda fase de Portos".
SAMIEIRA DIXITAL, 28.05.2013: "Alertan do mal estado da ponte do Covelo e do deterioro da zona portuaria".

Videos: