Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Espectáculo de teatro e maxia esta tarde na Casa do Pobo de Samieira


A Casa do Pobo de Río de Bois, en Samieira, acolle hoxe a partir das 20.00 horas a actuación do grupo de teatro "Fonte da Tella" de Soutomaior que interpretará a obra "Miña Naiciña". A peza analiza o trato que a sociedade actual lle dispensa á persoas maiores.

Antes da representación tamén haberá espazo para desfrutar da maxia. Será ás 19.00 horas cando o "Mago Deimi" ofreza un espectáculo cheo de arte e humor que conterá efectos de mentalismo, escapismo e levitación, ademais de cartomaxia.

Actuación de cartomaxia do Mago Deimi

0 comentarios: