Publicado por Samieira Dixital |

Información pública e 20 días de alegacións para as obras de saneamento no Laño



O Concello de Poio solicitou autorización a Augas de Galicia para realizar obras de saneamento na Av. do Laño, en Samieira. A actuación conleva a instalación dun novo colector e a construción de varios pozos de rexistro entre os puntos quilométricos 8.860 e 9.970 da estrada PO-308.

O novo colector, de PVC, terá unha dimensión de 315 mm. de diámetro. As obras alcanzarán unha lonxitude de 1.134,14 m. e incluirán a construción de diversos pozos de rexistro para mantemento da rede, as reposicións do viario necesarias e o grampado do colector no canto do taboleiro das pontes do río Freiría e o rego do Laño. 


20 días de información pública e alegacións

De conformidade co art. 52 do Regulamento do Dominio Público Hidráulico, as persoas que o desexen poden examinar este proxecto. Mañá ábrese un prazo de vinte (20) días de información pública no que tamén aquelas persoas que se sintan prexudicadas por esta actuación poderán presentar as súas reclamacións. O expediente, codificado cos caracteres DH.W36.52159, estará exposto no Concello de Poio e nas oficinas da Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia, situadas na R/ San Salvador, 2-4º de Vigo.

Praia do Laño, Samieira (Poio)