Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Convocatoria de 9 postos de traballo para a prevención e defensa contra incendios forestais no Concello de Poio


O Concello de Poio abre a convocatoria de 9 postos de traballo para actuacións preventivas e de loita contra o lume:

3 condutores/as de vehículo motobomba.
1 xefe/a de brigada.
1 peón/a-condutor/a.
4 peóns/as forestais.


Os traballadores/as contratados/as nutrirán a brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais. Este ano o plan autonómico sitúa a parroquia de San Xoán de Poio no mapa das zonas de "alta actividade incendiaria", entre as de maior risco da provincia.

A contratación dos traballadores/as será a tempo completo e terá unha duración de 3 meses.

O prazo para solicitar e participar nas probas de selección para cubrir estas prazas é de 5 días: comeza hoxe martes e remata o luns 15 de xuño ás 14:00 horas.


3 prazas de condutores/as de vehículo motobomba



1. Categoría profesional: Oficial 1ª conductor/a.
2. Titulación: Título de Graduado Escolar ou equivalente.
3. Requisito imprescindible: Estar en posesión do carné de conducir C.
4. Retribución: 1.347,44 euros (brutos mensuais).




1 praza de xefe/a de brigada



1. Categoría profesional: Xefe/a de brigada.
2. Titulación: Enxeñeiro/a de montes, enxeñeiro/a técnico/a forestal, técnico/a superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, técnico/a en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente.
3. Requisito imprescindible: Estar en posesión do carné de conducir B.
4. Retribución: 1.481,00 euros (brutos mensuais).




1 praza de peón/a-condutor/a



1. Categoría profesional: Peón/a-conductor/a.
2. Titulación: Non se esixe estar en posesión de ningunha das titulación previstas no sistema educativo.
3. Requisito imprescindible: Estar en posesión do carné de conducir B.
4. Retribución: 1.203,07 euros (brutos mensuais).




4 prazas de peóns/as forestais



1.  Categoría profesional: Peón/a.
2. Titulación: Non se esixe estar en posesión de ningunha das titulación previstas no sistema educativo.
3. Retribución: 1.203,07 euros (brutos mensuais).




Máis información:
Concello de Poio: teléfono 986 770 001, web: www.concellopoio.com




Novas relacionadas:

0 comentarios: