Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

"Senderismo Galego" organiza este domingo un roteiro polos muíños de Samieira



O programa de actividades na natureza do clube de montañeiros/as "Senderismo Galego" traerá esta fin de semana a máis dunha vintena de excursionistas a coñecer a Ruta dos Muíños de Samieira.

O clube deportivo organiza este domingo 18 de xaneiro unha xornada de sendeirismo cun itinerario de 14 quilómetros apto para todas as idades.

O traxecto da actividade, catalogado de dificultade baixa e cun perfil circular, comezará ás 9.30 horas e incluirá ademais do percorrido polas emblemáticas construccións do río Freiría a visita á praia do Laño.

A asistencia é libre e terá un custe de 3 euros para as persoas alleas ao clube (agás para os/as nenos/as que será gratuíta).

Quen desexe participar debe poñerse en contacto coa organización (e-mail: senderismogalego@gmail.com) xa que é obrigatorio para todos/as os/as participantes ir provistos/as de seguro de accidentes.

Grupo de excursionistas do clube "Senderismo Galego" | © Fotografía: "Senderismo Galego"
"Senderismo Galego" organiza ao longo de todo o ano un amplo abano de actividades que buscan fomentar o montañismo e dar a coñecer os espazos naturais máis relevantes de Galicia.

0 comentarios: