Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

«Mullerebillosas», teatro con perspectiva de xénero este domingo na Casa do Pobo



O teatro volve a Samieira este domingo da man da Sociedade Cultural e Deportiva cunha representación con mensaxe de xénero.

Sobre o escenario, o encanto e a personalidade do grupo Martabelas de Teenses Pola Igualdade (Teo, A Coruña) coa obra, «Mullerebillosas», unha divertida comedia dirixida por Beatriz Bravo e Xurxo Lobato que trata as desigualdades de xénero, o dereito a decidir das mulleres nunha sociedade de mandatos e imposicións.

A peza cargada de sensibilización e comunicación social estará en escena para deleite dos/as asistentes dende ás 19.00 horas por 3 euros para o público xeral.

Un momento da representación | Fotografía: Jose Luís Muñoz para Martabelas Teatro

0 comentarios: