Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Obras de reforma e pavimentación en Tarrío



Operarios da empresa "Sercoysa Proyectos y Obras, S.A.", construtora contratada polo Concello de Poio, están a realizar estes días traballos de acondicionamento e mellora en varios lugares de Tarrío. As obras, que comezaron o pasado venres na contorna da escola infantil, consisten na pavimentación de diversos tramos do Camiño Tarrío e na instalación de redes e servizos.

As actuacións repararán os danos ocasionados na zona polos temporais do pasado inverno que produciron, entre outras consecuencias, a inundación en outubro do centro escolar. Ademais, suporán un cambio na apariencia da contorna entre a fonte da escola e o muíño de Balboa e o acondicionamento dos terreos próximos ao centro educativo.

A Deputación de Pontevedra financia estes traballos que están integrados no proxecto "Pavimentación e Dotación de Servizos en Camiño Pedaporta e Camiño Tarrío (Poio)" adscrito ao Plan provincial de obras cunha dotación de 180.097,54€.


Estado que presentaba a fonte de Tarrío meses antes das obras
Operarios traballando na contorna entre a fonte de Tarrío e o muíño de Balboa

Novas relacionadas:

0 comentarios: