Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Choque entre dous turismos na recta do Laño



Dous turismos protagonizaron este mércores pola tarde unha nova colisión na avenida do Laño, nas inmediacións do punto quilométrico 9. O accidente produciuse sobre as 20.15 cando un dos vehículos, que viraba da PO-308 cara o camiño Sobreiras, viuse sorprendido por outro que circulaba en dirección Sanxenxo.

O impacto produciulle danos no lateral ao turismo que manobraba e diversos estragos no frontal ao outro vehículo. Afortunadamente o choque foi leve e as persoas que viaxaban en ambos os turismos, dous grupos de mozos/as, non sufriron danos.



Interseccións sen sinalizar, adiantamentos e velocidade máxima de 80

Este novo accidente na zona disparou unha vez máis as críticas da veciñanza, que considera que a seguridade viaria neste tramo da PO-308 está comprometida pola falta de medidas preventivas. O lugar ten establecida unha velocidade máxima de 80 quilómetros/hora, carece de sinalización nas interseccións e ten permitidos os adiantamentos. Segundo relatan, hai tempo que se rexistran este tipo de accidentes no tramo e a denuncia da situación ante as administracións competentes non reportou ningunha variación.


0 comentarios: