Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Visita de Papá Noel a Samieira



Samieira ultima os detalles para festexar o Nadal. A celebración xa está aquí e con ela un dos personaxes máis importantes para os pequenos e pequenas da casa: Papá Noel. O trineo deste popular dignatario do Nadal sobrevoará Samieira procedente do Polo Norte o próximo 24 de decembro. 

A súa primeira misión, encargada pola SCD Samieira, consistirá en visitar aos maiores da parroquia. Será ás 17.30 horas, cando percorrerá o pobo repartindo felicitacións entre os avós e avoas. Despois, ás 18.30 horas, dirixirase á Casa do Pobo de Río de Bois onde recollerá as peticións de agasallos dos nenos e nenas que se acheguen a visitalo. 

Papá Noel saudando dende Laponia - Polo Norte

0 comentarios: