Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Arrinca a "Semana Cultural" de Samieira cun programa repleto de actividades



O programa da "Semana Cultural"de Samieira arrinca este domingo cargado de actividades pensadas para todas as idades. A iniciativa, que organiza a S.C.D.Samieira, traerá até o domingo 21 de setembro máis de sete días de animación e unha ampla variedade de opcións de ocio e diversión sen ningún custe para os/as participantes.

Domingo 14 - Praza Alfredo Romay

13.30h: Sesión vermú: petisco e grupo de gaitas.
17.00h: Xogos populares.
17.30h: Festa da escuma.

Domingo 14 - Río de Bois

21.00h: Obra de teatro: "Saúde, Privates Hospital" do grupo Armadiña Teatro.

Luns 15 - Río de Bois

18.00h: Debuxo e pintura (actividade infantil).
20.30h: Exposición de cadros e manualidades confeccionadas pola veciñanza.

Martes 16 - Río de Bois

18.00h: Cinema de animación infantil: "Lego".
20.00h: Curso de trapillo -1ª parte.

Mércores 17 - Río de Bois

18.00h: Manualidades (actividade infantil).
20.00h: Clase de Zumba.

Xoves 18 - Río de Bois

20.00h: Curso de trapillo - 2ª parte.

Venres 19 - Río de Bois

21.00h: Cinema: "8 Apelidos Vascos".

Sábado 20 - Río de Bois

11.00h: Carreira popular (inscricións ás 10.00h).
18.00h: Espectáculo infantil: "Dadá o Duende" da compañía Eduvia.
20.00h: Serán popular.

Domingo 21 - Río de Bois

16.00h: Inchable e animación.
17.00h: Xogo da chave.
19.00h: Obra de teatro e musical: "Grease" do campamento de verán da Escola 105 Besos.

Maratón popular - Semana Cultural 2012

0 comentarios: