Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Fin de semana de festas en Samieira



Samieira celebra esta fin de semana as súas festas na honra da Virxe das Dores. Tres días intensos cargados de actos: espectáculos musicais, pasarúas e alternativas de ocio dende mañá venres até o domingo 14 de setembro.

Programa das festas


Venres 12 de setembro

A música, o baile e o espectáculo, até altas horas da madrugada, serán as encargadas de dar inicio a estes tres días de ambiente festivo. Ás 22.00 horas, dará comezo a verbena nocturna amenizada polas orquestas "Jerusalén" e "Xacobeo".



Sábado 13 de setembro

Os actos comezarán pola mañá coas tradicionais dianas e alboradas polas rúas e prazas do pobo a cargo do grupo de gaitas "Vides Novas" de San Salvador e a "Escola de Música Tradicional de Poio".  

Ás 13.00 horas terán lugar os oficios relixiosos, misa solemne cantada polo "Coro Parroquial de Samieira e Raxó" e procesión. 

Finalmente, ás 22.00 horas, dará comezo a verbena nocturna amenizada polo grupo "Los Tres Latinos" e o trío musical "Elegancia".


Domingo 14 de setembro

Pola mañá, o grupo de gaitas "Vides Novas" de San Salvador e a "Escola de Música Tradicional de Poio" percorrerán as rúas e prazas do pobo.

Ás 13.00 horas celebrarase a misa solemne cantada polo "Coro Virxe de Fátima de Campelo".

Ao longo da tarde desta xornada realizaranse diversas actividades para os cativos e cativas na Praza Alfredo Romay Besada: xogos populares e festa da escuma a partir das 17.00 horas.

Orquesta Xacobeo

Máis información sobre os conxuntos musicais:
Orquesta Jerusalén: Páxina web e Facebook.
Orquesta Xacobeo: Facebook.
Trío Elegancia: Páxina web e Facebook.
Los Tres Latinos: Facebook.

0 comentarios: