Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Serán de teatro infantil na Casa do Pobo



O "Grupo Miúdo", a formación de teatro infantil impulsada pola SCD Samieira, representa esta noite na Casa Pobo "A invasión do Castelo". A obra, a segunda que pon en escena a agrupación, comezará ás 21.00 horas.

María Carrera de "Pinga Teatro" é a creadora e directora deste grupo de teatro afeccionado que botou a andar en Samieira en xullo do pasado ano. A estrea da súa primeira interpretación, "Unha noite de medo", foi todo un éxito de público.

A entrada á representación é libre e está recomendada para desfrutar en familia.

0 comentarios: