Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Reparan o firme da estrada Samieira-Castrelo mediante a aplicación de parches en puntos localizados



A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia comezou este luns en Samieira as obras de acondicionamento da estrada PO-303 (Samieira-Castrelo).

A actuación, que nun principio ía afectar a un tramo de 3.2 quilómetros, principalmente no Concello de Meaño (entre o punto quilométrico 5.7 e o 8.9), estendeuse finalmente até os 12 quilómetros, desde a intersección coa PO-308 en Samieira (punto quilométrico 0 da PO-303), debido ao seu mal estado de conservación.

Os traballos céntranse na reparación do firme existente, a través do fresado e reposición da capa de rodaxe de puntos localizados e na aplicación de microaglomerados para o selado de gretas, coa finalidade de mellorar as características superficiais do pavimento nos treitos máis deteriorados.

Parche no punto quilométrico 0 da PO-303

Os veciños e veciñas comentan estes días a efectividade das tarefas de bacheo, unha medida "para saír do paso" que en tempos de crise substitúe ao necesario pavimentado exhaustivo e xeneralizado.

Máis información:

Humor:
Sketch de 'La noche de José Mota': "Inauguración de parche de estrada".

0 comentarios: