Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Ferida unha motorista nunha colisión cun turismo no desvío cara A Armenteira



Unha motorista resultou ferida onte ao colisionar cun coche en Samieira, no desvío da PO-308 cara A Armenteira (PO-303). O sinistro, que se produciu sobre as 13.00 horas, tivo lugar, segundo as primeiras hipóteses, cando o condutor do turismo se incorporaba á PO-308 dende o cruce. A moza da motocicleta, que circulaba en dirección Sanxenxo cunha acompañante, viuse sorprendida pola manobra e colisionou co coche antes de que tivera tempo para decatarse do que acontecía.

Até o lugar dos feitos desprazáronse, ademais dos axentes da Garda Civil de Tráfico, membros de Protección Civil de Poio.

A moza, de 21 anos, foi trasladada nunha ambulancia medicalizada de Urxencias Médicas ao Hospital Domínguez de Pontevedra.



Máis información:

0 comentarios: