Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

A ruta dos muíños de Samieira recupera despois de catro meses o seu indicador



Dende onte, os condutores e condutoras que viaxen en dirección Pontevedra pola estrada PO-308 poden volver recoñecer facilmente o desvío cara o centro de Samieira e cara a súa ruta máis emblemática, a ruta dos muíños. O panel de sinalizacións que informa da intersección foi instalado "con éxito despois de catro meses".

O panel, situado na recta do Laño (sentido Pontevedra), inclúe, ademais da indicación da ruta, información sobre os desvíos cara os recursos turísticos e sociais de Samieira e arredores: centro do pobo, campo de fútbol, cemiterio e mosteiro da Armenteira.

Novo panel de sinalizacións na PO-308

Arrincado de raíz nun accidente o pasado mes de marzo

O 7 de marzo deste ano un aparatoso accidente á altura da recta do Laño levou por diante este panel de sinalizacións. O sinistro tivo lugar pasadas as cinco da tarde, cando o vehículo, un Audi A4, perdeu a súa traxectoria e terminou encaixándose contra o muro dunha vivenda. O violento choque produciu importantes danos materiais na zona e feriu de consideración ao condutor e a súa muller.

Accidente que levou por diante o panel de sinalizacións, 07.03.2014 | Fotografía: Gustavo Santos-FdV

0 comentarios: