Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

O pintado da PO-308 pon fin ás obras de modernización da rede de abastecemento de auga ao seu paso por Samieira



A empresa pública Acuaes, que comezou hai un ano as obras para modernizar a rede de abastecemento de auga na ría, rematou onte en Samieira os traballos de instalación das novas tubaxes. O repintado da sinalización horizontal da PO-308, tras o asfaltado das gabias abertas ao longo da estrada, puxo punto e final a meses de actuacións e incómodas restricións.

Tramo repintado da estrada PO-308 e gabia asfaltada (Samieira)

Nova capa de rodaxe no Laño destinada a mellorar a seguridade viaria

Por outro lado, o día 18 deste mes a xefatura pontevedresa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia procedeu a cumprir as peticións dos veciños e veciñas que solicitaban medidas de seguridade para reducir a perigosidade no tramo da curva do Laño. O firme recibiu unha capa de asfalto antiescorregadizo co obxectivo de mellorar as condicións viarias e atallar a estatística de accidentes na zona, tal e como solicitaran os usuarios e usuarias da PO-308. A nova pavimentación aplicouse desde o punto quilométrico 9,500 ao 9,700.

0 comentarios: