Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Un accidente entre un turismo e unha moto en Samieira sáldase cun ferido



A xornada de onte rexistrou un novo accidente de tráfico en Samieira entre un turismo e unha moto. O sinistro, que se produciu ás 18:40 horas, tivo lugar na estrada PO-308, á altura do punto quilométrico 9.

Até a zona desprazáronse efectivos da Garda Civil para instruír o atestado e realizar a reconstrución do accidente. A colisión entre os dous vehículos produciuse cando o condutor da moto, que circulaba en dirección Pontevedra, decidiu adiantar ao turismo que lle precedía e que se dispoñía a xirar cara un viario local, o camiño Sobreiras. A moto impactou na manobra contra o turismo, causándolle importantes danos materiais no lateral esquerdo, e o motorista, de 29 anos de idade, resultou ferido.

O tráfico era intenso nesta última hora da tarde e o impacto provocou retencións e circulación lenta durante máis de media hora.

Retencións a causa do accidente na PO-308

0 comentarios: