Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Domingo 11 de maio: III Convivencia Escolar no monte Castrove



As ANPAS dos centros de ensino de Espedregada, Chancelas, Lourido e Isidora Riestra están a organizar para o domingo 11 de maio a III CONVIVENCIA ESCOLAR NO MONTE CASTROVE.

O evento, unha xornada completa de experiencias e diversión en contacto coa natureza, prolongarase dende o mediodía até as oito da tarde e nela poderán tomar parte tanto alumnos e alumnas do municipio como pais e nais. 


Lugar e actividades

A cita comezará ás 12.00 horas na área recreativa do monte Castrove. Haberá inchables, xogos tradicionais, animación musical, obradoiros de globoflexia e pintura entre outras atraccións. Todas as familias que o desexen poden levar a comida para comer xuntas ás 14.00 horas. As actividades serán gratuítas para os socios e socias das ANPAS e terán un custe de 3 euros para os demais participantes.

Festa da escuma da Convivencia Escolar 2013 | Fotografía: ANPA San Xoán

0 comentarios: