Pinga Teatro representa este sábado "Croac" na Casa do Pobo

O vindeiro sábado día 26 de abril a compañía viguesa "Pinga Teatro" representará en Samieira a obra "Croac". A montaxe, unha comedia teatral apta para todos os públicos, ten como protagonista á ra Margarida, unha habitante dun estanque no bosque moi pouco respectuosa co medio.
Con grandes doses de humor, a representación, interpretada por María Carrera, Miquel Condal e Manuel Cao, xira arredor da necesidade de coidar da nosa contorna, incidindo na conciencia medioambiental dos/as asistentes.
O evento, organizado pola SCD Samieira en colaboración co Concello de Poio, comezará ás 19.00 horas no salón de actos da Casa do Pobo.

![]() |
Un momento da representación da obra "Croac" de Pinga Teatro |
0 comentarios:
Publicar un comentario