Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Nova denuncia polo mal estado do parque infantil de Río de Bois


A falta de mantemento do parque infantil de Río de Bois, en Samieira, volve provocar as queixas dun grupo de pais e nais. A abundante vexetación e a sucidade do recinto ofrecen unha imaxe de desatención moi alonxada do establecido pola normativa de seguridade e hixiene.

Indignación pola falta de coidado das autoridades

As malas condicións deste lugar de xogo, denunciadas en reiteradas ocasións, causan indignación. Os veciños e veciñas, ademais de divulgar numerosas fotografías da lamentable situación do parque, contactaron con diversos medios de comunicación para denunciar a despreocupación das autoridades pola súa vixilancia e coidado.




Máis información:

0 comentarios: