Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Máis de 30 fotógrafos e fotógrafas percorren a ruta dos muíños de Samieira



Un grupo de máis de 30 profesionais e afeccionados/as á fotografía de Vigo e arredores realizaron a pasada fin de semana un "photowalk" na ruta dos muíños de Samieira. Os/as organizadores/as da actividade, todos/as membros da asociación "Kdd`s Vigo", escolleron este itinerario para un encontro de fotografía na natureza.

No "paseo fotográfico", entre as senlleiras construcións que seguen o decorrer do río Freiría, os/as participantes compartiron coñecementos e impresións e trataron de captar a esencia e singularidade da contorna dende o obxectivo das súas cámaras.

O alto valor paisaxístico e patrimonial da zona quedou reflectido nun fermoso conxunto de fotografías que xa forman parte do álbum de imaxes de Samieira Dixital.

Molinos de Samieira
Fotografía: EVB | trescientossl

0 comentarios: