Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

O polémico viario de Tarrío nos informativos da Televisión de Galicia



A veciñanza de Tarrío, Samieira, relata ante as cámaras dos informativos da Televisión de Galicia o desatino que supón o proxecto do Concello de Poio de abrir un viario na zona. A obra levaría por diante as eiras de varias vivendas e parte do recinto do centro público de educación infantil. Concretamente, o trazado proposto iníciase nun carreiro existente, para logo estenderse pola presa da auga da parte posterior da Escola Infantil e desembocar entre esta e o río Freiría.


Máis información:
FARO DE VIGO, 25.03.2014: "Veciños de Tarrío irrumpen no pleno e rexeitan variar a titularidade dun viario"
FARO DE VIGO, 25.03.2014: "Recollen sinaturas en Tarrío contra a declaración dun viario como público"
SAMIEIRA DIXITAL, 31.01.2014: "Solicitan declarar camiño público unha canle de regar as veigas en Tarrío"
DIARIO DE PONTEVEDRA, 31.01.2014: "O inicio dunha investigación para aclarar se un camiño en Tarrío é público desata a polémica"
FARO DE VIGO, 31.01.2014: "Oposición e veciños recelan da solicitude para declarar público o camiño de Tarrío"
FARO DE VIGO, 30.01.2014: "O Concello abre un expediente de investigación para facer público un camiño en Samieira".
FARO DE VIGO, 31.05.2012: "A declaración como público dun viario en Tarrío ´quenta´ o pleno".
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO MUNICIPAL, 29.05.2012: "Urbanismo-Expediente 105/2011-Determinación de Cualificación Xurídica de Camiño en Tarrío-Samieira".

0 comentarios: