Publicado por Samieira Dixital | 1 comentarios

Samieira celebra este domingo o seu desfile de Entroido



A programación do entroido de Samieira, aprazada a pasada semana pola choiva, arrinca mañá domingo coa celebración do tradicional desfile. 

O emblemático "Galo Bruxo" sairá marchando ás 12.00 horas de Arén acompañado dun nutrido grupo de comparsas e disfraces. A colorida comitiva percorrerá as rúas de Samieira, enchendo de músicas, danzas e sorrisos cada recuncho, até chegar ao campo de fútbol de Río de Bois, lugar no que se porá punto final ao festexo.

O Enterro do Galo Bruxo será o sábado 15

A despedida do Galo levarase a cabo o vindeiro sábado en Río de Bois. Os/as participantes no velorio sairán ás 20.00 horas de Arén até o seu remate nas inmediacións da Casa do Pobo. Alí realizarase unha nova edición da "Festa da Filloa", na que veciños/as e demais participantes compartirán os pratos que achegarán entre todos/as. A festa contará este ano coa amenización musical dun DJ. 

Grupo do Entroido de Samieira | Fotografía: Gustavo Santos - FdV

1 comentarios:

Anónimo dixo...

cajendiós!!