Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

O viario de Teinogueira segue a agardar polos redutores de velocidade



Diario de Pontevedra, 08.03.2014
"Máis amodo"... Que se obrigue a circular a unha velocidade reducida e a manter unha especial atención na condución é o que piden os veciños e veciñas de Teinogueira, en Samieira. Dende hai meses veñen demandando medidas concretas para mellorar a seguridade viaria nesta zona residencial como a instalación de lombos ou bandas sonoras redutoras de velocidade.

Unha medida anunciada en novembro

O pasado mes de novembro, o Concello de Poio, deu luz verde a estas reivindicacións anunciando a instalación de tres lombos na zona. Porén, transcorridos tres meses dende a difusión pública da medida, os veciños e veciñas seguen a agardar a súa aplicación.

As bandas redutoras de velocidade foron instaladas xa con éxito noutros lugares do municipio e da parroquia. Concretamente, en xullo de 2012, colocáronse na zona do Covelo, limitando a velocidade a 30 quilómetros por hora. Con todo, na actualidade, hai que salientar que presentan tamén un estado moi deteriorado.

Novas relacionadas:

0 comentarios: