Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Convocatoria de tres bolsas de práctica laboral para as oficinas de turismo do Concello de Poio



O Concello de Poio abre a convocatoria de 3 bolsas de práctica laboral para as oficinas de información turística municipais. As tarefas dos/as bolseiros/as serán as seguintes:

Información e atención pública a visitantes sobre recursos turísticos municipais.
Elaboración de estatísticas das oficinas de información e recursos turísticos.
Apoio na actualización do inventario de recursos turísticos e envío de datos para a actualización da páxina web corporativa de Turismo de Poio.
Apoio na realización de estudos e informes de produtos e mercados turísticos emisores.
Colaboración no cumprimento de estándares de calidade.
Colaboración nas visitas guiadas, se é preciso, e outras tarefas relacionadas co Turismo.


Características e requisitos das bolsas




1. Titulación: Diplomado/a ou Graduado/a universitario/a en Turismo. Técnico/a Superior en Información e Comercialización Turística, Técnico/a Superior en Guía ou Técnico/a Superior en Información e Asistencia Turística.
2. Coñecemento da lingua galega: Estar en posesión da certificación Celga IV.
3. Retribución: 800 euros (brutos mensuais).




Duración e prazo de solicitude




A duración das bolsas é de 3 meses a tempo completo coa posibilidade de prórroga por períodos similares até completar un ano. O prazo para solicitar e participar nas probas de selección para cubrir estas prazas remata o martes 4 de marzo ás 14:00 horas.


Máis información:
Concello de Poio: teléfono 986 770 001, web: www.concellopoio.com

0 comentarios: