Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Final feliz para "Selva", a mascota desaparecida o pasado venres no balbordo do accidente de tráfico da recta do Laño



"Selva" xa está na casa. A solidariedade conseguiu levala sa e salva despois de varios días transitando sen rumbo pola PO-308.

Perdida nun accidente de tráfico que tuvo lugar no Laño

Moitas veces non nos damos conta das cousas pequenas que suceden ao noso arredor. O que unhas persoas teñen, sen preguntarse moito sobre a súa necesidade, é para outras vital...

"Selva" levaba desaparecida desde a semana pasada. O animal, unha cadela de raza bichón maltés, viaxaba no vehículo sinistrado o pasado venres na recta do Laño. A parella accidentada solicitara a colaboración cidadá e da Garda Civil para localizala. Atopala era para eles moi importante pois axuda a facilitarlle a vida cotiá a María, a súa filla, que padece unha discapacidade.

Unha ferramenta terapéutica en tratamentos psicolóxicos ou físicos

Que pensaría se o seu médico lle recomendase ter unha mascota?... Son moitos os estudos que avalan que os animais de compañía poden resultar moi beneficiosos física e psicoloxicamente no tratamento de numerosas enfermidades, nos procesos de rehabilitación e na inserción social das persoas con discapacidade. A Terapia Asistida con Animais (TAA), por exemplo, utiliza aos cans, entre outros animais, como ferramenta terapéutica en tratamentos psicolóxicos ou físicos. Os beneficios da creación do vinculo animal-humano son moi amplos, van desde os aspectos físicos, como redución da presión sanguínea e tensión, por nomear algúns, até os psicolóxicos como o incremento da autoestima e o sentimento de seguridade.

María Cudeiro coa súa cadela Selva | Diario de Pontevedra, 11.03.2014

Máis información:

Novas relacionadas:
LA VOZ DE GALICIA, 04.01.2014: "Unha terapeuta canina en Amencer".

0 comentarios: