Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Sábado 1 de febreiro: Fonte da Tella representa "Aquí non paga ninguén" na Casa do Pobo

A Casa do Pobo acolle hoxe ás 21.00 horas unha nova representación teatral a cargo do grupo "Fonte da Tella" de Soutomaior. A obra titúlase "Aquí non paga ninguén" i é unha adaptación da obra do dramaturgo italiano e premio nobel de literatura Darío Fo.

A representación, con grandes doses de humor e cun transfondo de crítica social, céntrase nas dificultades de dúas amas de casa humildes para chegar a fin de mes. Cansas da situación, deciden rebelarse contra o sistema e atracar un supermercado.

A actividade será gratuíta para os socios/as da SCD Samieira e terá un custe dun euro para os non socios/as.

0 comentarios: