Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Preocupación por un novo accidente no "punto negro" do Laño, na PO-308



A curva do Laño, en Samieira, vai camiño de converterse nun lugar célebre pola concentración de accidentes de circulación. Aínda que polo momento a Dirección Xeral de Tráfico non oficializou a súa catalogación como "punto negro", os sinistros repítense demasiado a miúdo neste tramo da PO-308.

Unha nova saída de vía na zona

Hoxe un condutor sufriu novamente unha saída de vía en Samieira cando circulaba pola PO-308, a altura da curva do Laño. Ocorreu sobre as tres da tarde nun momento no que as condicións climatolóxicas eran estables. O vehículo colisionou no mesmo punto no que coincidentemente soen acabar as múltiples saídas de vía na zona.

Fotografía: Jose Carlos González Martínez

Os veciños reclaman unha solución: máis prevención e seguridade

O suceso de hoxe conmoveu de novo á veciñanza que dende hai anos ven criticando o desleixo das autoridades na aplicación de medidas que mitiguen a perigosidade deste tramo da PO-308. As súas queixas van dirixidas ao trazado da vía, que, segundo dín, fai que os condutores perdan o control dos vehículos ao máis mínimo descoido, e á falta de medidas preventivas ou de seguridade, como unha correcta sinalización.

0 comentarios: