Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

16 de febreiro: VIII Dúatlon Cros Concello de Poio


Samieira acollerá o vindeiro 16 de febreiro a VIII EDICIÓN DO DÚATLON CROS CONCELLO DE POIO (Campionato Galego 2014), un evento deportivo que organiza o Clube Ciclismo Triatlon Monte Abaixo de Samieira e que reune cada ano a multitude de afeccionados/as e profesionais desta modalidade deportiva.

As CARACTERÍSTICAS DO PROBA son as seguintes:
  1. O primeiro sector constará dunha carreira a pé de 6.000 metros, que incluirá 2 voltas a un circuíto de 3.000 metros de dificultade media.
  2. O segundo sector constará dun circuíto ciclista de 19.500 metros: 3 voltas cunha lonxitude de 6.500 metros, sendo 3.000 metros por pistas forestais e 3.500 metros por carreiros máis técnicos.
  3. O terceiro sector constará dunha carreira a pé de 3.000 metros, na que se bordeará o circuíto do primeiro sector.



HORARIO:
  1. De 09.30 a 10.30 horas poderán recollerse os dorsais na carpa da organización, no campo de fútbol de Samieira.
  2. De 10.00 a 10.45 horas procederase ao control do material.
  3. Ás 10.30 horas realizarase unha reunión técnica.
  4. Ás 11.00 horas dará comezo a carreira. 

Os/as participantes poderán competir nas seguintes CATEGORÍAS:
  1. Junior.
  2. Absoluta e veterana.
  3. Masculina e feminina.


As INSCRICIÓNS poderanse realizar até o martes 11 de febreiro, a través da web da Federación Galega de Triatlon, www.fegatri.org, no apartado de Competicións.

PREZO: 10€

NORMAS: A competición réxese polo Regulamento Oficial de Competición da Federación Galega de Triatlon. Regulamento VII Dúatlon Cros Concello de Poio - Campionato Galego 2014


MÁIS INFORMACIÓN:
FEDERACIÓN GALEGA DE TRIATLON
Web: www.fegatri.org
Tfnos. Contacto: 600 433 203 - 982 251 345
C.T. MONTE ABAIXO
Tfnos. Contacto: 686 585 307-65
Correo electrónico: ctmonteabaixo@live.com
Facebook: http://facebook.com/c.t.monteabaixo.samieirapoio

0 comentarios: