Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Dous días sen iluminación pública na vía principal de Samieira


Dende a noite do sábado, un corte de suministro na iluminación pública mantén o centro de Samieira en total escuridade. Os farois do alumeado, que dan servizo á estrada da Armenteira e ás vivendas que se estenden a ambos os dous lados dende o cruce da PO-308, levan duas noites apagados. O motivo deste corte de luz, nunha xornada de relativa calma meteorolóxica, está ainda por determinar.

Riodama, Samieira - Estrada da Armenteira | Fotografía: M. Lores
Tanto veciños/as como condutores/as coinciden en alertar da perigosidade de circular sen iluminación suficiente nunha época do ano na que hai menos horas de luz diurna e unha peor climatoloxía.

0 comentarios: