Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

O conflito da depuradora volve ao Parlamento



A organización política Anova, a través do deputado Antón Sánchez García, do grupo AGE (Alternativa Galega de Esquerda), volve levar ao Parlamento de Galicia a tardanza na resolución do conflito da depuradora. A construción desta infraestrutura permanece paralizada dende hai máis de ano e medio por carecer dun proposta adecuada de terreos onde situala.

Pregunta parlamentaria ao Conselleiro Agustín Hernández

O grupo formulou unha pregunta ao Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, para que aclare no Parlamento se a Xunta de Galicia contempla construír a depuradora de augas residuais para Samieira, Raxó e Dorrón e cando. O atraso que acumula o proxecto, cuxa última localización exposta foi Samieira, impide completar o saneamento integral da ría de Pontevedra.



Máis información: FARO DE VIGO, 20.01.2014: "Anova traslada ao Parlamento galego o atraso da depuradora de Poio".
XUNTA DE GALICIA, 21.11.2013: "A Xunta iniciará os trámites para a execución da EDAR de Raxó en canto o Concello de Poio poña a disposición os terreos necesarios"
LA VOZ DE GALICIA, 21.11.2013: "Augas de Galicia sostén que aínda está á espera de que Poio defina a parcela para a EDAR"
DIARIO DE PONTEVEDRA, 21.11.2013: "A Xunta condiciona a EDAR a que o Concello ofreza un terreo apropiado".
FARO DE VIGO, 21.11.2013: "O Parlamento aborda hoxe os atrasos e futuro do proxecto da depuradora".
DIARIO DE PONTEVEDRA, 21.11.2013: "O PSOE preguntará hoxe pola EDAR no Parlamento"
CADENA SER-RADIO PONTEVEDRA, 21.11.2013: "Depuradora de Samieira adxudicada, sen dispoñibilidade de terreos"

0 comentarios: