Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Unha carreira solidaria para enviar axuda sanitaria e alimenticia a Etiopía



O CEIP Espedregada, onde cursan infantil e primaria nenos/as de Samieira e Raxó, celebrou onte unha carreira solidaria para recabar fondos a favor dos nenos/as de Etiopía. O evento contou coa colaboración de "Save The Children" ("Protexede aos nenos/as"), unha ONG, fundada en 1919, para a defensa activa dos intereses dos máis pequenos/as, especialmente dos máis desfavorecidos/as.

As cantidades doadas servirán para enviar axuda sanitaria e alimenticia ao país africano: "Etiopía é un país pobre que está a sufrir unha seca que non lles permite cultivar para obter alimentos nin coidar o gando, os nenos pasan fame e non teñen acceso sanitario. Co esforzo dos nosos alumnos e doutros centros mandaremos ao país africano persoal sanitario e comadronas, vacúas, suplementos alimenticios ou axuda para que poidan labrar a terra", informaron os organizadores.

Carreira solidaria do alumnado do CEIP Espedregada | Comedor escolar en Etiopía

Máis información:
Páxina oficial da ONG "Save the Children".
Save the Children: "Situación en Etiopía".
Nova no xornal Faro de Vigo, 16.11.2013: "Kilómetros a favor de Etiopía".

0 comentarios: