Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Do 28 de setembro ao 6 de outubro: Actividades da "Semana Cultural"


Samieira comeza mañá o seu programa da "Semana Cultural" cargado de actividades para todas as idades. A iniciativa, que organiza a S.C.D.Samieira, traerá até o domingo 6 de outubro máis de sete días de animación e unha ampla variedade de opcións de ocio e diversión sen ningún custe para os/as participantes.

Sábado 28 - Praza Alfredo Romay

16.30h: Inauguración e a festa da escuma. 

Domingo 29 - Río de Bois

17.00h: Xogos tradicionais para todas as idades.
19.00h: Serán musical a cargo dos grupos: Airiños da Fracha (Pontecaldelas), Os do Martes (Pontevedra), Retensia (Portonovo), Diim Cuarteto de cuerda (Cambados) e Os Compadres de Samieira. 

Martes 1 - Río de Bois

17.00h: Obradoiro de manualidades dirixido á mocidade.

Mércores 2 - Río de Bois

21.00h: Baileterapia. 

Xoves 3 - Río de Bois

17.00h: Xornada de manualidades con material reciclado para os máis cativos e cativas.

Venres 4 - Río de Bois

21.00h: Inauguración da exposición de cadros e manualidades confeccionadas pola veciñanza no ximnasio da Casa do Pobo. Serviranse petiscos e un viño galego ao remate do acto que estará amenizado pola Escola de Música Tradicional de Poio. 

Sábado 5 - Río de Bois

11.00h: Carreira popular.
18.00h: Curso de realización de bolsos Furoshiki. 
22.00h: Sesión de baile, para todas as idades, no salón de actos. 

Domingo 6 - Río de Bois

17.00h: Obra de títeres "Contos do Mundo" de Solidaridade Internacional e xogos da chave e da rá. Reparto de premios e clausura.

0 comentarios: