Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

13, 14 e 15 de setembro: Festas das Dores e do Carme



Samieira celebra esta fin de semana as festas das Dores e do Carme. Tres días intensos cargados de actos: espectáculos musicais, pasarúas e alternativas de ocio dende o venres até o domingo 15 de setembro.

Programa das festas


Venres 13 de setembro

A música, o baile e o espectáculo, até altas horas da madrugada, serán as encargadas de dar inicio a estes tres días de ambiente festivo. Ás 22.00 horas, dará comezo a verbena nocturna amenizada pola orquesta "Marbella" e o trío musical "Lembranza"



Sábado 14 de setembro

Os actos comezarán pola mañá coas tradicionais dianas e alboradas polas rúas e prazas do pobo a cargo do grupo de gaitas "Vides Novas" de San Salvador e a "Escola de Música Tradicional de Poio".  

Ás 13.00 horas terán lugar os oficios relixiosos, misa solemne cantada polo "Coro Parroquial de Samieira e Raxó" e procesión. 

Finalmente, ás 22.00 horas, dará comezo a verbena nocturna amenizada pola orquesta "Azar" e o trío musical "3.COM".



Domingo 15 de setembro

Pola mañá, o grupo de gaitas "Vides Novas" de San Salvador e a "Escola de Música Tradicional de Poio" percorrerán as rúas e prazas do pobo.

Ás 13.00 horas celebrarase a misa solemne cantada polo "Coro de Campelo" e procesión.

Ao longo da tarde desta xornada realizaranse diversas actividades para os cativos e cativas.

Orquesta AZAR

Máis información sobre os conxuntos musicais:
Orquesta Marbella: Páxina web
Trío Musical 3.COM: Páxina web e facebook.
Orquesta Azar: Facebook.

0 comentarios: