Convocatorias e axudas públicas en prazo de presentación
Convocatorias, axudas, incentivos e outros programas públicos de formación, apoio social e de fomento do emprego que teñen aberto o seu prazo de presentación. Para máis información, preme nos recadros das normativas ou descárgaas directamente en formato pdf.
Convocatoria de cursos de lingua galega |
Convocatoria con carácter gratuíto de cursos cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), nos niveis 1, 2, 3 e 4, para o ano 2013.
Prazo máximo de solicitude: Para os cursos de linguaxe administrativa galega: até o 22 de setembro de 2013. Para os cursos preparatorios dos niveis Celga: dende o 2 de setembro até cinco días antes da data establecida por cada escola oficial de idiomas para o inicio do curso.

Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes retornadas e dos seus familiares na Comunidade Autónoma galega |
Subvención dos gastos de primeiro establecemento como traballadores/as autónomos/as ou por conta propia, ou como socios/as traballadores/as de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado das persoas emigrantes retornadas e dos seus familiares.
Prazo máximo de solicitude: Até o 15 de novembro de 2013.
Prazo máximo de solicitude: Até o 15 de novembro de 2013.
Incentivos para a contratación de traballadores/as |
Programas de incentivos á contratación por conta allea de traballadores e traballadoras como medida para favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade. Terán preferencia as persoas con maiores dificultades de inserción laboral, en especial as persoas novas sen cualificación profesional, as persoas desempregadas de longa duración, as persoas desempregadas de 45 ou máis anos de idade e as persoas que esgotasen as prestacións por desemprego.
Prazo máximo de solicitude: Até o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido pola que se solicita subvención. En todo caso, até o 30 de setembro de 2013.

Axudas á integración laboral das persoas con discapacidade |
Incentivos públicos para o fomento do emprego das persoas con discapacidade na empresa ordinaria: Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade (subvencións pola contratación indefinida e temporal) e Programa de emprego con apoio (subvención dos custos laborais e de seguridade social derivados da contratación dos preparadores laborais que leven a cabo as accións de emprego con apoio destinadas a facilitar a adaptación social e laboral de traballadores con discapacidade con especiais dificultades de inserción laboral).
Prazo máximo de solicitude: Para as axudas á contratación: até o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido. Para a axuda pola adaptación de postos de traballo: antes do inicio desta adaptación. En todo caso, até o 30 de setembro de 2013.

Programa FORCON: Incentivos á formación e contratación |
Programa mixto de formación e contratación dirixido a mozos e mozas con baixa cualificación que sexan contratados en ocupacións incluídas nos sectores estratéxicos de Galicia.
Prazo máximo de solicitude: Até o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido pola que se solicita subvención. En todo caso, até o 30 de setembro de 2013.
Prazo máximo de solicitude: Até o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido pola que se solicita subvención. En todo caso, até o 30 de setembro de 2013.
Axudas a autónomos/as ou profesionais pola contratación indefinida de traballadores/as |
Incentivos para a contratacion indefinida de até 3 personas traballadoras nos 3 primeiros anos de actividade das persoas autónomas ou persoas profesionais.
Prazo máximo de solicitude: Até o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola que se solicita subvención. En todo caso até o 30 de setembro de 2013 .
Prazo máximo de solicitude: Até o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola que se solicita subvención. En todo caso até o 30 de setembro de 2013 .
Programa de promoción do emprego autónomo |
Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia das persoas desempregadas: axudas para os gastos de inicio da actividade e posta en marcha da iniciativa empresarial ou profesional ou redución de xuros de préstamos necesarios para a súa constitución como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia.
Prazo máximo de solicitude: Até o 30 de setembro de 2013 e prazos específicos previstos para cada tipo de axuda.
Prazo máximo de solicitude: Até o 30 de setembro de 2013 e prazos específicos previstos para cada tipo de axuda.
Programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E) |
Programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego coa finalidade de xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre a mocidade e mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais, con especial atención aos concellos do rural galego: subvención financieiras, á xeración de emprego estable, para asistencia técnica, para o inicio da actividade, para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
Prazo máximo de solicitude: Até o 30 de setembro de 2013 e prazos específicos previstos para cada tipo de axuda.
Prazo máximo de solicitude: Até o 30 de setembro de 2013 e prazos específicos previstos para cada tipo de axuda.
Axudas á paralización definitiva das actividades dos buques pesqueiros de baixura do Cantábrico-Noroeste |
Convocatoria específica de axudas para á paralización definitiva das actividades pesqueiras dos buques afectados polo Plan de xestión integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste.
Prazo máximo de solicitude: Até o 26 de setembro de 2013.
Prazo máximo de solicitude: Até o 26 de setembro de 2013.
Axudas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero |
Prestación económica periódica dirixida ás mulleres que sofren violencia de xénero dirixida a posibilitar a súa autonomía e independencia económica respecto do seu agresor.
Prazo máximo de solicitude: Até o 31 de outubro de 2013.
Prazo máximo de solicitude: Até o 31 de outubro de 2013.
Axudas vinculadas coas comunidades galegas no exterior |
Axudas destinadas a emigrantes residentes no exterior e aos seus familiares en Galicia para atender situacións de emerxencia social ou sanitarias sobrevidas que precisen dunha actuación urxente. Sufraga necesidades básicas en relación á alimentación, o vestido, á vivenda habitual ou outros supostos de carácter urxente e grave necesidade; necesidades graves e urxentes de carácter sanitario, non cubertas ou solo cubertas parcialmente polos sistemas públicos; e os custos das viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario que teñan que realizar os beneficiarios e beneficiarias.
Prazo máximo de solicitude: Até o 30 de novembro de 2013.
Prazo máximo de solicitude: Até o 30 de novembro de 2013.
0 comentarios:
Publicar un comentario