Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

"Lounge summer party" na praia do Laño

Esta fin de semana celebrouse na praia do Laño, en Samieira, unha festa de verán con música e ambiente lounge, ao máis puro estilo ibicenco. Un evento ao aire libre no que, ademais de música, baile e boa compañía, os/as asistentes puderon gozar das mellores vistas, do son do mar e do ambiente inmellorable que se respira neste lugar da ría de Pontevedra.

0 comentarios: