Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Queixas reiteradas polo mal estado do parque infantil de Río de Bois


Os veciños e veciñas de Samieira levan meses denunciando o estado lamentable no que se atopa o parque infantil de Río de Bois. Boa parte dos seus elementos e xogos están en mal estado e o recinto permanece habitualmente cuberto de maleza. A falta de mantemento e despreocupación das autoridades locais é queixa reiterada dos pais e nais. Os usuarios e usuarias da zona explican que estas instalacións levan máis dun ano no máis absoluto abandono. Neste espazo de lecer pode verse mobiliario roto, como os bancos, con saíntes cortantes e perigosos, algo que denunciábamos aquí xa no mes de xaneiro. Ademais hai outros elementos deteriorados ou simplemente desaparecidos como un columpio e unha mesa.

Diario de Pontevedra, 07-08-2013


Máis información:

0 comentarios: