Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Levar o coche á praia, literalmente...

As praias de Samieira atraen cada ano a centos de persoas coa chegada do verán. Esta afluencia de visitantes provoca algún que outro trastorno nas inmediacións dos areais debido á falta de concienciación e vixilancia da seguridade vial. Algúns destes usuarios e usuarias, co obxectivo de levar o seu coche o máis preto da praia posible, non dubidan en deixalo mal estacionado obstaculizando o paso a peóns e outros vehículos. Varias persoas enviáronnos fotografías destas condutas incívicas: vehículos nas zonas peonís (camiños, paseo); coches mal aparcados que dificultan o tránsito doutros vehículos, máxime os de urxencias; automóbiles estacionados en leiras privadas sen autorización dos seus propietarios; condutores que demostran unha gran habilidade para aparcar moi preto da praia deixando incluso o morro do coche en pleno areal...

0 comentarios: