Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Axudas, incentivos e programas públicos de apoio social


Recompilación de axudas, incentivos e outros programas públicos de apoio social e de fomento do emprego que teñen aberto o seu prazo de presentación. Para máis información, preme nos recadros das normativas ou descárgaas directamente en formato pdf.

Incentivos para a contratación de traballadores/as




Programas de incentivos á contratación por conta allea de traballadores e traballadoras como medida para favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade. Terán preferencia as persoas con maiores dificultades de inserción laboral, en especial as persoas novas sen cualificación profesional, as persoas desempregadas de longa duración, as persoas desempregadas de 45 ou máis anos de idade e as persoas que esgotasen as prestacións por desemprego.

Prazo máximo de solicitude: Até o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido pola que se solicita subvención. En todo caso, até o 30 de setembro de 2013.


Convocatoria de probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas






Convocatoria de probas para a obtención da habilitación do persoal para exercer a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Prazo máximo de solicitude: Até o 4 de xullo de 2013.


Axudas para adquirir libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario de educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial






Axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario polos pais, nais, titores ou titoras legais do alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2013/2014.

Prazo máximo de solicitude: Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 3 de xuño ao 3 de xullo de 2013, ambos inclusive. Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2013, ambos inclusive. Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2013, ambos inclusive. Para as novas incorporación: un mes a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula, contando como data límite o 31 de marzo de 2014.


Corrección de erros:


Convocatoria de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas





Convocatoria de prazas de bolseiro/a dirixidas a titulados/as universitarios/as nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas, de centros de estudos galegos localizados en España, Alemania, Reino Unido e Polonia.

Prazo máximo de solicitude: Até o 13 de xullo de 2013.


Programa FORCON: Incentivos á formación e contratación




Programa mixto de formación e contratación dirixido a mozos e mozas con baixa cualificación que sexan contratados en ocupacións incluídas nos sectores estratéxicos de Galicia.

Prazo máximo de solicitude: Até o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido pola que se solicita subvención. En todo caso, até o 30 de setembro de 2013.


Subvencións do Programa Aluga de fomento do alugamento de vivendas na Comunidade Autónoma de Galicia




Subvencións dirixidas aos titulares das vivendas arrendadas no marco do citado programa: subvención para o financiamento parcial das obras e actuacións de reformas que precisen as vivendas para a súa incorporación ao Programa Aluga e a subvención de gastos derivados do alugamento.

Prazo máximo de solicitude: Para as subvencións de obra e reforma as solicitudes deberán presentarse entre a data de formalización do primeiro contrato de arrendamento e o día 15 do mes seguinte. Para as subvencións de gastos derivados do alugamento: até o 15 de xullo de 2013.


Axudas a autónomos/as ou profesionais pola contratación indefinida de traballadores/as





Incentivos para a contratacion indefinida de até 3 personas traballadoras nos 3 primeiros anos de actividade das persoas autónomas ou persoas profesionais.

Prazo máximo de solicitude: Até o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola que se solicita subvención. En todo caso até o 30 de setembro de 2013 .


Programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo





Axudas para o impulso de proxectos empresariais cooperativos e a incorporación de persoas desempregadas ás entidades de economía social.

Prazo máximo de solicitude: Até o 19 de xullo de 2013 e prazos específicos previstos para cada tipo de axuda.


Axudas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero




Prestación económica periódica dirixida ás mulleres que sofren violencia de xénero dirixida a posibilitar a súa autonomía e independencia económica respecto do seu agresor.

Prazo máximo de solicitude: Até o 31 de outubro de 2013.


Axudas vinculadas coas comunidades galegas no exterior




Axudas destinadas a emigrantes residentes no exterior e aos seus familiares en Galicia para atender situacións de emerxencia social ou sanitarias sobrevidas que precisen dunha actuación urxente. Sufraga necesidades básicas en relación á alimentación, o vestido, á vivenda habitual ou outros supostos de carácter urxente e grave necesidade; necesidades graves e urxentes de carácter sanitario, non cubertas ou solo cubertas parcialmente polos sistemas públicos; e os custos das viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario que teñan que realizar os beneficiarios e beneficiarias.

Prazo máximo de solicitude: Até o 30 de novembro de 2013.


0 comentarios: