Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Residentes do camiño do Souto, en Arén, protestan pola maleza que invade o vial


Veciños e veciñas do camiño do Souto, en Arén, quéixanse do estado "case inaccesible" que presenta este vial público. 

Os/as residentes da zona indican que a vexetación invade os dous lados do camiño, estreitando de forma considerable o acceso ao seu núcleo de vivendas, co conseguinte perigo para a seguridade vial. A maleza ocupa xa gran parte do asfalto en algúns puntos e dana os coches ao pasar. 

Os veciños e veciñas aseguran que están cansos de protestar por esta situación e invitan aos responsables a que pasen cos seus coches por alí, para comprobar o seu mal estado. Consideran intolerable que este camiño, que usan todos os días, se atope nestas condicións, cando "o limpan dúas persoas nunha mañá". Dende hai unha semana, denuncian públicamente esta situación e esperan que, por fin, o persoal de obras e servizos municipais limpe canto antes a maleza que se come o viario

Nova no Diario de Pontevedra, 26.06.2013

0 comentarios: