8 de xuño: Limpeza da praia do Laño con motivo do Día Mundial dos Océanos
Este sábado 8 de xuño ás 18.00 horas, dentro da Semana do Medio Ambiente e coincidindo co Día Mundial dos Océanos, a Plataforma Veciñal de Samieira vai realizar xunto con ADEGA, unha Limpeza da Praia do Laño.
Limpeza simultánea
A acción levarase a cabo de forma simultánea coas que están programadas en toda Galicia. En total son máis de 20 areais, dende Baiona até Burela, e 30 entidades de todo tipo as participarán nesta actividade simultánea. Na ría de Pontevedra, só se realizará na praia do Laño.
Finalidade
A actividade busca mudar conciencias, sensibilizar sobre a importancia de manter limpa a praia e reivindicar políticas que contribúan a unha mellora ambiental e a un desenvolvemento sustentable.
Protocolo de actuación
Para cumprir coa realización dunha limpeza ecolóxica seguirase o protocolo de actuación elaborado por ADEGA. O protocolo inclúe toda unha serie de pautas e indicacións para realizar a limpeza da forma máis respectuosa co medio posible.
Inscricións
A acción é aberta a todo o/a que queira participar. Todas as persoas interesadas en unirse a este evento de reivindicación e educación ambiental contra a contaminación mariña poden poñerse en contacto coa organización a través do e-mail: limpezapraiasamieira@gmail.com ou do perfil específico que se puxo en marcha na rede social facebook: Limpeza Praia do Laño.
Espazo dixital de información de Samieira. Guía local de recursos. Galerías multimedia. Novas de actualidade. Axenda de actividades de ocio: recreativas, culturais, deportivas...
0 comentarios:
Publicar un comentario