Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

PO-308: As obras do novo abastecemento de auga poderían comezar este verán

A solución aos continuos rebentóns da tubaxe da auga que discorre baixo a PO-308, segue sen data. Todo parece indicar, no entanto, que a actuación coincidirá finalmente coa tempada de verán. Os traballos executaranse pola marxe esquerda da PO-308, dende Raxó até a avenida Sineiro, á altura do restaurante Casa Solla. O material da obra leva tres meses apilado no miradoiro do Laño á espera de data para o arranque da actuación.



Ver nova: FARO DE VIGO, 03-05-2013: "O atraso no plan estatal de saneamento condena á PO-308 a un verán de obras"

0 comentarios: