Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

Axudas públicas e Convocatorias en prazo de presentación


Recompilación de axudas públicas de carácter social e asistencial e convocatorias da administración autonómica que teñen aberto o seu prazo de presentación. Para máis información, preme nos recadros das normativas ou descárgaas directamente en formato pdf.

Cheque Infantil: Axudas económicas para o pagamento de escolas infantís 0-3 anos non sostidas con fondos públicos





Prestación económica mensual para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos por un período máximo de 11 meses.

Prazo máximo de solicitude: Até o 26 de maio de 2013.


Axuda económica por fillos e fillas menores de 3 anos




Prestación económica por fillo/a menor de tres anos co fin de paliar os gastos dos primeiros anos de crianza.

Prazo máximo de solicitude: Até o 11 de maio de 2013.


Axudas para estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades non compartidas





Axudas para estadías de tempo libre de entre sete e dez días, en réxime de pensión completa, para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas (fillas/os menores e/ou menores en acollida).

Prazo máximo de solicitude: Até o 30 de maio de 2013.


Axudas para mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas da UE




Axudas destinadas a mozos e mozas galegos de entre 18 e 30 anos para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera Estado membro da Unión Europea (agás España).

Prazo máximo de solicitude: Até o 29 de maio de 2013.



Axudas do Programa "Iniciativa Xove" para a mocidade galega




Axudas económicas para a posta en marcha de iniciativas da mocidade lideradas por grupos informais de mozos e mozas ou asociacións xuvenís. O seu obxectivo é fomentar e consolidar a participación da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas.

Prazo máximo de solicitude: Até o 18 de maio de 2013.


Axudas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero




Prestación económica periódica dirixida ás mulleres que sofren violencia de xénero dirixida a posibilitar a súa autonomía e independencia económica respecto do seu agresor.

Prazo máximo de solicitude: Até o 31 de outubro de 2013.


Convocatoria do Certame "Cooperativismo no Ensino"




O Certame Cooperativismo no Ensino ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e formación profesional de Galicia. O alumnado e profesorado poderán presentar traballos para participar no concurso en diversas modalidades (debuxo, pintura, fotografía e/ou vídeo, modalidade dirixida ao alumnado de infantil e primaria. Actividades cooperativizadas, dirixida ao alumnado de educación secundaria obrigatoria. Proxectos empresariais cooperativos, dirixida ao alumnado e profesorado dos centros de formación profesional). Os premios son materiais valorados entre 5.000 e 500 euros.

Prazo máximo de solicitude: Até o 15 de maio de 2013.


Axudas vinculadas coas comunidades galegas no exterior




Axudas destinadas a emigrantes residentes no exterior e aos seus familiares en Galicia para atender situacións de emerxencia social ou sanitarias sobrevidas que precisen dunha actuación urxente. Sufraga necesidades básicas en relación á alimentación, o vestido, á vivenda habitual ou outros supostos de carácter urxente e grave necesidade; necesidades graves e urxentes de carácter sanitario, non cubertas ou solo cubertas parcialmente polos sistemas públicos; e os custos das viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario que teñan que realizar os beneficiarios e beneficiarias.

Prazo máximo de solicitude: Até o 30 de novembro de 2013.


0 comentarios: