Publicado por Samieira Dixital | 0 comentarios

II Convivencia Escolar no Monte Castrove


As ANPAS dos centros de ensino de Espedregada, Chancelas, Lourido, Viñas e Isidora Riestra están a organizar para o domingo 12 de maio a II CONVIVENCIA ESCOLAR NO MONTE CASTROVE. Trátase dunha actividade impulsada pola ANPA San Xoán (CEIP Isidora Riestra) na que poderán tomar parte tanto alumnos e alumnas como pais e nais. 

A cita comezará ás 12.00 horas na área recreativa do monte Castrove e prolongarase durante todo o día. Haberá inchables, xogos tradicionais e moitas sorpresas. Todas as familias que o desexen poden levar a comida para comer xuntas ás 14.00 horas.

Actividades: 
O evento inclúe numerosas actividades para todas as idades, especialmente para os máis cativos e cativas.

Inchables.
Festa da escuma.
Buggys.
Futbolín humano.
Pintacaras.
Música.
Touro mecánico.
Visita de personaxes da TV.

Horario:
Actividades de 12.00h a 20.00h. 
Comida de confraternidade ás 14.00h.

Prezos: 
As actividades serán gratuítas para os socios e socias das ANPAS. 
Os non socios/as poderán participar por 3 euros. 


0 comentarios: